A actualidade adecentada con moscas, mosquitos e moscóns varios. Publicación prevista: Antes de sábado, salvo causas de forza maior.
domingo, maio 20, 2007
Enderezo a partir do 20 de maio de 2007
Como vai quedar isto (e novo enderezo http://moscon.blogaliza.org)
Coido que son horas de escribir algo no blog ou deixalo para sempre.
Evidentemente non me dou reorganizado. Non podo seguir co blog tal e como estaba pensado, por falta de tempo, pero tampouco quero renunciar a el. Así que non escribirei con tanta frecuencia como facía pero espero seguir de cando en vez.
Deste xeito desaparecerá “o moscón semanario” http://omoscon.blogspot.com/ pois éme imposíbel manter esa periodicidade.
Como queda dito a páxina principal do blog pasa a ser http://moscon.blogaliza.org.
Ademais espero seguir coa “mosquipedia”. Especialmente co debate nuclear (http://omoscondenu.blogspot.com) problema que me parece cada día máis próximo. De feito nos mentideiros xa se fala de que o asalto final das eléctricas a prol desta enerxía será na próxima lexislatura.
Por exemplo, en A Nosa Terra (enlace) podemos ler o seguinte parágrafo “Outros grandes operadores están agardando a facer o mesmo pero Endesa adiantouse porque, segundo un empresario que estivo nalgunha destas reunións, nas negociacións para a opa de Endesa, o goberno central pactou cos grandes operadores eléctricos o novo marco. Nel, o Estado asumirá o control de facto das enerxías eléctricas renovábeis para tamén se comprometer a pór en marcha a enerxía nuclear logo das elección xerais.”
A postura do PP e da Ceoe de pretender duplicar a producción de enerxía nuclear nos próximos dez anos, xa é coñecida (enlace) . (espero ter rematado antes desa data os catro puntos- limpa, segura, barata e abundantes combustibeis- que, coido, deben centrar o debate)
sexta-feira, fevereiro 02, 2007
sexta-feira, janeiro 26, 2007
Semana 19 a 26 xaneiro 2007
Premio Xosé Couso. A semana pasada referiámonos en o moscón internacional á orde de busca e captura dos asasinos de Xosé Couso. Supoñemos que a orde aínda non lle debeu chegar ao Bush (este correo...) ou que andarán fuxidos, ou...
Pero agora o que toca reseñar é a convocatoria da 'III Edición do Premio Xosé Couso de liberdade de prensa'... continuar.
De empresas galegas: A semana empezou cun aparente novo pao á nosa lingua. O hotel Louxo de “La Toja”, estabelecía como norma de cortesía para os empregados de recepción “non falar galego”. O que parecía unha nova denuncia dunha situación máis normal do que parece... continuar
Humorista. Faise eco Mundo Galiza dunhas declaracións do noso gran humorista Aznar ao xornal Il Messaggero sen desperdicio. Baixo o suxerinte título “por que hai que defender a Israel” prosigue en clave de humor... continuar
Tráxico . Pode acabar en traxedia. O empecinamento de De Juana Chaos... continuar
Europa
Risco de marea negra . Houbo un susto na costa. Outro susto, esta vez, por sorte para nós, na costa inglesa ... continuar
Foro Social Mundial. O Foro Social Mundial de 2007 estase a celebrar en Nairobi durante estes días de acordo co programa... continuar
Foro económico mundial Por outra banda máis de dous milleiros de líderes políticos e empresariais de todo o mundo reúnense esta semana en Davos, Suíza, para outra edición do Foro Económico Mundial... continuar.
Pasatempos
1) Pleno ao 13. Non, non estou chamando á mala sorte. Trátase dun novo deporte que está acadado grandes resultados en Galiza. Si, porque malia estar aínda nos seus inicios o nivel xa vai moi alto. Máis, primeiro explicaremos as regras de xogo: O choio consiste en averiguar o resultado dunhas oposicións, antes de se celebraren.
Non, eu nunca dixen que fora fácil... continuar.
Pasatempo. Pleno ao 13
Non, non estou chamando á mala sorte. Trátase dun novo deporte que está acadado grandes resultados en Galiza. Si, porque malia estar aínda nos seus inicios o nivel xa vai moi alto. Máis, primeiro explicaremos as regras de xogo: O choio consiste en averiguar o resultado dunhas oposicións, antes de se celebraren.
Non, eu nunca dixen que fora fácil. De feito, o primeiro atranco é que aínda non hai colexio de árbitros polo que, para darlle fiabilidade, a previsión hase de facer diante dun notario, o que imaxinamos que sae por un prezo que non está para "aficionadillos". Ademais, as regras de xogo, a priori, son complicadas. No ultimo partido, por poñer exemplo, participaban 115 xogadores para 13 prazas e tratábase de acertar o maior número. Estas circunstancias tal vez expliquen que so houbera un participante no xogo, o psoe local. E entón chegou a sorpresa, acadaron un pleno, 13 de 13.
Nun xogo similar, pleno ao 46 , o mesmo grupo do psoe, pero neste caso de Lugo, acadara o nada desprezábel resultado de 45. Case pleno, si.
Esperamos que estes bos resultados animen a máis afeccionados de xeito que este novo deporte se afiance entre nós e acade sona internacional. Podería haber liguiñas locais, unha liga nacional (galega), outra estatal e, finalmente, internacional (maxínemos un interesante encontro Galiza-Polonia, por poñer un exemplo, aproveitando a coincidencia horaria...)
sábado, janeiro 20, 2007
Semana do 12 ao 19 de xaneiro de 2007.
Indice.
1) Galiza: (Estatuto)
2) Península (Rotos por eta. Referendo en Portugal, Pescanova segue presionando)
3) Europa (Cambio climático e debate nuclear)
4) Internacional (Dez crises humanitarias. Nicaragua. Fundamentalismo evanxelista. Busca e captura para os asasinos de Xosé Couso. A wikipedia fai anos).
5) O pasatempoSemana 12 a 19 xaneiro 2007
Galiza: (Estatuto)
Non puido ser ou non se quixo que fose. Máis de seis horas de conversa ininterrompida sen resultados concretos. Ao parecer os atrancos máis importantes centráronse no preámbulo, onde se falaría da identidade nacional de Galiza, no estatus legal do idioma galego e na financiación. A isto hai que unir a crispación política que existe en Madrid entre o PSOE e o PP.
Previsibelmente ... (continuar).
(Arquivado en O moscón galiza)
Península (Rotos por eta. Referendo en Portugal, Pescanova segue presionando)
Aínda seguimos rotos emocionalmente pola ruptura da tregua polos criminais etarras. Un tema do que xa hai moitos que falan. Eu, simplemente, espero que acabe o pesadelo, que ao fin nos deixen falar do noso futuro aos pobos desta península, sen violencias de ningunha caste que nos queiran impor unhas fronteiras cada vez máis claramente sen sentido.
E a península segue a súa vida... (continuar)
Europa (Cambio climático e debate nuclear)
Cada vez é máis claro e hai máis consenso sobre a terríbel realidade do quecemento global. Senón que llo pregunten ao milleiro de antigos habitantes das remotas e diminutas Illas de Carteret, arquipélago que forma parte de Papúa Nova Guinea, no Pacífico Sur, que, segundo nos conta Vieiros.com está a ser evacuado ante o perigo inminente de rematar mergullado no océano, logo dunha rápida suba do nivel das súas augas. As illas contan cunha superficie total de 600 metros cadrados e ... (continuar).
(Arquivado en O moscón europa)
Internacional (Dez crises humanitarias. Nicaragua. Fundamentalismo evanxelista. Busca e captura para os asasinos de Xosé Couso. A wikipedia fai anos).
Médicos sen fronteiras fixo pública por noveno ano consecutivo a súa lista de “as dez crises humanitarias máis esquecidas pola prensa”, lista evidentemente esquecida pola maior parte da prensa, e que nós xa recollimos neste moscón. Din que son crises humanitarias, e certamente sono. No dobre sentido da palabra: Porque afectan a unha parte numerosa da humanidades e porque son causadas por unha parte (menos numerosa) da humanidade. Efectivamente, a pouco que escarvemos... (continuar).
(arquivado en O moscón internacional)sexta-feira, janeiro 19, 2007
O pasatempo.
(para ver a pantalla completa premer botón inferior dereito)
quinta-feira, janeiro 11, 2007
A Voz e Pescanova
Os 32 enlaces da Voz a Pescanova
OS ECOLOXISTAS LUSOS CENSURAN A PERMISIVIDADE DO SEU GOBERNO E LOAN A DECISIÓN DA XUNTA
A piscifactoría que Pescanova proxecta en Portugal tamén afecta a un espazo da Rede Natura
ADEGA denuncia que a piscifactoría de Pescanova en Portugal causará un “desastre ecolóxico”
Acusa ao Goberno luso de complicidade nesta “falta de respecto” á “diversidade natural”.
Pescanova e o goberno portugués :O Goberno portugués asegura que a construción e desenvolvemento da maior factoría mundial de produción de rodaballo, que a multinacional galega Pescanova vai construír na localidade lusa de Mira, sexa compatible coa conservación do espazo natural no que se sitúa na Rede Natura.
La Voz: 125 anos a lamber a mão…
Depreciável a campanha co tema de Pescanova de La Voz ...(seguir lendo en O demo me leve.blogaliza.org)