quarta-feira, outubro 25, 2006

Galeguismo céntrico e inundacións. Por Nuñez Feijoo


O 22 de outubro Núñez Feijoo estaba en Cataluña, explicándolles a súa visión do catalanismo e, de paso, do galeguismo, que tamén está ben que nolo explique, aínda que sexa en Cataluña.

E está ben porque resulta ser algo moi bonito e moi centrado, sobre todo moi centrado, ou céntrico..., ou como se diga. Vamos, que soltou algo así como. O catalanismo e o galeguismo son a alternativa ao nacionalismo e o socialismo... ¡Aí queda iso!. E por se non se entendía engadiu: Movémonos polo autonomismo constitucional. ¿Que non o entendes?. Claro, así, en frío. Pois nada, explícacho, que estivo moi didáctico: É o punto de equilibrio: entre o nacionalismo excluinte e a involución centralista.

¿Que segues sen cachalo?, home pois..., non serás algo lerdo ti... Mira, a ver se cho explico eu. Coido que o quere dicir é que eles, ou sexa, Josep Piqué e máis el, son a representación do catalanismo e máis do galeguismo ese tan centrado, ou céntrico, ¿non é?, o que explican é que está situado entre o nacionalismo excluinte e a involución centralista. O nacionalismo excluínte debe de referirse ao Maragall, o do estatut, e a Zapatero, claro, e a Carod, e a Quintana, e Beiras, e Touriño, e a Ibarretxe, Arzallus, Otegui, esquerra republicana, izquierda unida, BNG, Eta... ¿Que dis?, ¿que vaia parando?, ¿que xa o colliches?, vale, pois iso. ¿Como?, Ah, ¿que quen son os outros, os da involución centralista?, home, pois agora que o dis... Porque claro eles dous non son. E supoño que non se referirían a Aznar e a Acebes. ¿Ou si?.

Pero claro, isto explicábao alí, en Cataluña, porque non podía prever que en Galiza ía chover o que
non choveu en décadas, pero de todos xeitos lembrouse de nós. Si, abofé que se lembrou e deu instruccións moi precisas para buscar aos culpábeis, que claro, apareceron en seguidiña. Porque claro, non é tan difícil de saber, e menos estando moi centrado e céntrico no galeguismo, porque dende o centro, aínda que sexas galeguista e esteas en Cataluña, vese moi ben todo, así que ¡zas!, a Xunta. Está claro, foi a Xunta ¿quen se non?
Iso si. Núñez Feijoo soubo inmediatamente o que tería que facer, axudar como cando o dos incendios, porque el, todo o que sexa colaborar... Si, xa se vía a si mesmo coa fregoa e o balde, botando unha man por
Cee ou por onde fixese falta.

Pero, claro, estaba en Cataluña explicando o do centralismo galeguista e catalanista e quedáballe algo lonxe, que se non, seguro que botaba un man.

Cos fotógrafos diante, claro, para servir de exemplo.


enlaces desta páxinas:

Nuñez Feijoo en Cataluña, por xornal.com
Galiza asolgada, por
MundoGaliza
O PP acusa, por
Vieiros
Núñez Feijoo colabora colabora contra os incendios, por
escolar.net
Causas da inundación en Cee, por
A voz de Galicia

Nenhum comentário: