sexta-feira, novembro 03, 2006

Memorias, esquecementos e lembranzas

Recuperamos a memoria histórica ruando por Betanzos (fotos 1,2,3,4), Lembrando unha tumba na terra, sen lápida, sen nome, que quixeron que se esquecese. Alí segue, como a obrigaron a ter os golpistas. Lembramos que foi un dos alcaldes desta vila, do tempo da república, dos asasinados. Non esquecemos o seu nome, Xosé Novo. Non esquecemos que tiña ideas e ansias de realizalas, de sacar a Galiza do atraso. Lembramos que por iso o mataron. Lembramos que en Betanzos non ten unha rúa, como ten Manuel Fraga Iribarne, nin ten unha medalla, como ten Francisco Franco .

Lembramos que cando a alguén se lle dá unha rúa ou unha medalla é porque merece ser lembrado. ¿Como Santiago Rey Fernández Latorre e non sei que máis?. ¿Por ser un gran empresario, propietario, non o esquezamos, dun xornal moi subvencionado?. Lembramos que lla dan por unanimidade, aínda que diga o que di e defenda o que defende.
.
.
.
.
Unha rúa que, non o esquezamos, se une a un rueiro cheo de Alcaldes Francisco Vázquez, de Milláns Astray, de Generales Sanjurgo, de Avenidas de los Caídos...
.

.
.

.


Esquece Josemari, o buscaescotes. Que non se lembra de onde está o dirixente do PP Alfredo Timermans. Lástima, pola contra, que non se esqueza de repetir as súas fondas reflexións, e repetírnolas a cada pouco. Lástima que Murdoch, outro empresario de éxito, de máis éxito aínda que o Santiago Rey Fernández etc., (a xulgar porque ten moitos máis xornais, e supoño que tamén máis subvencións), se lembre de Josemari para dirixir a sección española do seu negocio. Aínda que se sae Aznar de presentador, na sección de humor, lembrareime de velo.

.



¿Foi un desmemoriado quen perdeu os exames na consellaría de Méndez Romeu, ese conselleiro de boa memoria que se lembrou dese L, que non era, non o esquezamos, o L de Legalidade?.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.

Boa memoria a que teremos que ter os betanceiros se queremos mercar, a fume de carozo, nos 15 minutos, contados, de aparcamento gratuíto con que nos vai agasallar o concello antes das eleccións.

.
.
.
.
.
.
.

Para pouca memoria a de Zara, que se esqueceu de pagar os tributos en Venezuela. Parece que non se lembrou de que a época de agasallos ás multinacionais do corrupto Carlos Andrés Pérez xa rematou naquel país. Chávez terá que lembrarllo. Pero xa sairá alguén por aí a lembrarnos que a defraudadora é unha empresa “española” e, non o esquezamos, iso faraa boa a ela e malo a Chávez.

.
.
.
.
Recuperación da memoria a que fixo o reino de León, o antigo convento, xunto a Galiza e ao norte de Portugal, da vella Gallaecia, que estes días saíu a rúa. Por fin.

Desmemoriado o Rebeco que en Asturias, ao norte de León, se esqueceu de que ser un animal de alta montaña e se quixo dar un baño. Sorte que se lembrou de nadar, aínda que ninguén acreditara ata agora que un rebeco soubese facelo.

Para lembrar, tamén, o artigo de Barreiro Rivas sensación de chapuza. Para non esquecer o asasinato de Couso hai xa máis de tres anos e sen castigo dos culpábeis. Lembrar tamén a rede básica de que nos fala, de pasada, Estrela esvaecida, os avións israelís sobre Beirut, a folga polo galego e o seu vídeo e o partido, mesmo para os que non nos gusta o fútbol, de Galiza-Ecuador.

En fin, unha semana para lembrar, para esquecer e mesmo para recuperar a memoria...
.
Enlaces 03.11.2006:
.
-Betanceiros que queredes, fotos 1,2,3,4, folga
-Cartafol do mandeo, tumba
-Betanzos. biz, Francisco Franco, mercar
-O moscón anteriores, rueiro, se lembrou
-Vieros.com, esqueceu de pagar
-Nodo 50, rede básica
-Estrela esvaecida, Estrela esvaecida

Nenhum comentário: