.
Castelán lingua asoballada.
Pois si, resulta que segundo nos explica a Mesa pola normalización lingüística, os parlamentarios galegos xa poden usar diversos idiomas oficiais cando falen por teléfono móbil. Si, o español (faltaría máis), o catalán e mesmo o euskera. Falta só un, xa sabedes cal.
E que parece que as empresas toman exemplo dos organismos oficiais no tocante ao galego. Que si, que defendelo si, de boquilla o que faga falla, que despois, a hora de facer... Así se entende o lenta que vai a normalización dos topónimos. Non, que non vou volver a falar de La Coruña. Ogalla fose o único caso. Non. Podemos falar de Facenda, do Ministerio de Defensa ou, agora mesmo, de Renfe e de Adif (o seu administrador de infraestructuras) que son (no 2006) obxectivo de normalización para as ciberIrmandades da fala. O galego en Renfe viaxa aínda máis lento cós trens na “nosa comunidade”.
De aí a fonda preocupación diante do novo decreto para Secundaria dos sectores máis reacios ao noso idioma, aqueles como Eugenio Nasarre e María Xesús Saínz, que presentaron este xoves no parlamento galego unha proposición non de lei onde lle piden á Inspección Educativa que actúe para garantirlle ao profesorado galego "o dereito e liberdade dos profesores de lingua e literatura (suponse que galega) a elaborar programación didáctica en castelán". En fin, que eles tamén cren que Inspección Educativa non cumpre a súa función cando se trata de defender os dereitos lingüísticos. Pero por que será que o seu me soa a demagoxia...
Estatutos e transferencias
Claro que non só en materia lingüísticas isto vai lento. Hai transferencias que parecen cousa feita, como a de tráfico, por exemplo. Parece lóxica, pois temos uns problemas específicos, como a dispersión da poboación que conleva gran cantidade de “vías secundarias” (lease pistas asfaltadas), ou o terreo abrupto (e algunha que outras leira dalgún amigo de Alguén) que obrigan a facelas con moitas curvas e pendentes. Así que... Pois nada. O deputado Francisco Rodríguez preguntou que para cando a transferencia e o goberno respondeulle algo así como que “o tráfico e a circulación de vehículos a motor é unha competencia exclusiva do Estado, por entender que... a política de seguridade vial debe ser única para todo o país”. O máis curioso é que esta competencia xa está transferida a Cataluña e a Euskadi, o que parece indicar que eles (Cataluña e Euskadi) non son parte do “país” (e nós si, claro).
E con estas teimas enténdese a “irrupción” de Rajoy no debate estatutario. Vamos que el non quere entrar en cuestións que non interesan a ninguén, como a identitaria, pero que pasará por riba do seu cadáver quen queira poñer “nación” no estatuto galego. En fin que parece que Feijoo, xa sabedes, o seu segundo de por aquí, xa está pensando en como chamarnos. Ideas non deben faltar, abofé, pero o moscón cre sabe de boa tinta que a máis barallada é “Galicia is different”. Deste xeito preténdese contentar a todos, pois se fala do "feito diferencial galego" pero sen poñer a palabra nación onde poida ofender aos adalides da nación española.
As deputacións rebeldes
Sorpresa da semana foi a declaración de rebeldía, case diría que de soberanía, deses organismos de elección indirecta que son as deputacións provincias (sobre as mesmas recomendo ler este artigo de Xoán Antón Pérez Lema).

Non sei se sabedes, pero volo conto. O parlamento de Galicia (iste si elixido directamente polos votantes) solicitou a comparecencia das deputacións para explicar as principais liñas dos seus orzamentos. A razón é efectuar unha necesaria coordinación dos orzamentos públicos, lembremos que os orzamentos das deputacións supera xa aos que proveñen da unión europea. Pois nada, as deputacións botáronsenos ao monte e non acudiron. Sen máis. Ben, a da Coruña desculpouse por carta, que por algo alí manda o bipatito.
A destrucción do medio ambiente
A semana tróuxonos tamén a valoración de Nunca Máis da manifestación da dignidade, mentres segue a pelexa secular entre os que queren a conservación do medio ambiente e os que lles importa un pito. Entre os primeiros encontramos a verdegaia, que lanza unha campaña en defensa da Rede Natura 2000 pois queren que sexan un referente de sustentabilidade. Entre os segundos temos o caso de Nigrán. E a reacción do seu partido. De apoio total, claro. Ou non tan claro. Ben sei que non se pode dicir de ninguén, nin sequera do alcalde de Nigrán, que é corrupto mentres non se demostre xudicialmente que o é, pero á defensa do medio ambiente, neste caso urbanístico, non lle senta nada ben que un partido apoie tan rápida e radicalmente ao seu alcalde, malia os indicios existentes. Ao tempo coñecese a situación no concello de Barreiros. Estes feitos, xa moi repetidos, fainos aplaudir a iniciativa de potenciar a Axencia de Protección de Legalidade Urbanística.
A destrucción do oriente próximo.
Nesta semana destacamos tamén o artigo de “betanceiros que queredes” sobre a caída do muro de Berlín e o nacemento de novos muros, como xa dixo tamén este moscón. Nesta semana vemos como se afonda un deses muros, o causado por Israel, que se atreve a chamar (como sempre) “incidente lamentábel” (na boca da Ministra de Asuntos Exteriores israelita, Tzipi Livni) a masacre de hai tres días en Gaza. A condena internacional foi (coma sempre) imposibilitada pola administración Bush. Todo en base (coma sempre) á loita contra o terrorismo e o fundamentalismo. Un antiterrorismo practicado por un estado tan "pacífico" e tan "tolerante" como se viu na recente manifestación homosexual. En fin un país retratado polo seu presidente, acusado de varias violacións e envexado polo ruso Putin.

Nenhum comentário:
Postar um comentário