sexta-feira, novembro 10, 2006

02-11-2006 a 09-11-2006


Continúa a farsa en Irak e en todo oriente medio e próximo. Estes día condearon á morte, na forca, a Sadam Husseim, o que merece un comentario de Xosé Luis Barreiro Rivas, El linchamiento judicial de Sadam Hussein, que recomendo ler. Mentres Israel segue a facer libremente o que máis lle presta, asasinar palestinos. Tal vez algo cambie, Bush perdeu as eleccións no seu feudo (USA, no resto do mundo coido que, se as houbera, hai tempo que as tiña perdido) e, algo é algo, Rumsfeld demitiu.
.
.

Tal vez, proximamente, o mundo se libre deste grupo, o de Bush, igual que por aquí nos libramos, por agora, do noso, o de Aznar. Aínda que, lamentábelmente seguen a dar a vara, como ese ex-ministro trampa español, Mayor Oreja, quen afirma que en Venezuela non hai democracia. E se queda tan pancho.
.
.
.
.
.
.
.
.
Ou como Pedro J. Ramírez, o intrépido xornalista de investigación, tan ben retratado neste video de homo zapping, que recomendo aos que aínda non o teñan visto.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.

De todos xeitos, non son só Bush e Aznar os que queren dar marcha atrás á historia. Mesmo ata máis atrás do século XX quere ir a actual presidencia europea (finlandesa desta volta), pretendendo autorizar horarios semanais de 60 horas, (de traballo, non de folganza).
.
.
.
.
.
.
.
.
.

Ante isto, hai algunhas respostas, como a de Nunca Máis que volve a convocar unha manifestación pola dignidade. Porque de certo, catro anos despois do prestige, seguimos case igual de preparados para outro. Nin un mal barco anticonaminación. De todos xeitos, a nova Xunta parece que intenta algo, dentro das súas competencias. Hai está o Plan de continxencia presentado recentemente.
.
.
.
.

E mentres traballan a prol da defensa medioambiental, outros, aínda que no seu nome, traballan para acabar de escangallala, como eses supostos amigos dos animais, (das londras?, dos patos?...) que volveron a soltar visóns, por terceira vez, xa, en Galiza.
.
Disto xa falaramos no moscón
.
.
.
.
.


E pasaron máis cousas nesta semana, que merecerían unha mosca: O éxito da folga do ensino polo galego, e a cada vez maior castelanización da sociedade galega que fai que haxa un 65% de falantes de 65 anos por un 29% de 29 anos, perdendo aproximadamente un 1% de falantes por cada ano, se ben a tendencia recupérase timidamente nos últimos anos. A victoria de Daniel Ortega en Nicaragua que se une á recente de Lula. A exixencia ás TV de deportes en galego ou o trunfo de Gómez Noia .

Relación de enlaces mencionados neste comentario semanal:

El linchamiento judicial de Sadam Hussein, por Barreiro Rivas, na Voz
Sadam condenado á forca, por Mundogaliza.
Demisión de Rumsfeld por Mundogaliza.
A masacre israelí en xornal.com
O bocazas de Mayor Oreja en Vieiros
O video de pedroj. En youtube
A semana de 60 horas, en vieiros
Manife de Nunca máis en sombrinha betanceira, mundo galiza, vieiros e plataforma nunca mais
O barco anticontaminación en vieiros
A solta de visóns por cartafol do mandeo, e adega.
Outros, o ensino parou con éxito en mundo galiza e a castelanización en vieiros. A victoria de Daniel Ortega en Nicaragua, en xornal.com. A de Lula, en mundogaliza , deportes en galego en vieiros e gómez noia en cartafol do mandeo).

Um comentário:

Anônimo disse...

¿horarios semanais de 60 horas?. O ser humano non está feito para traballar ¡e a proba é que se cansa!. Estes si que son moscóns rabudos.

O de Amaía