De novo o debate nuclear
En pleno proceso de Abandono da enerxía nuclear, recentemente reafirmada polo goberno, sorpréndennos a Ceoe e mais o PP afirmando que hai que potenciar o programa nuclear. Suman así a súa voz a outras que xa soaban dende hai algún tempo. Como a da Axencia Internacional de Enerxía recomendando, tamén, a construcción de centrais nucleares.
Curiosamente a súa argumentación ultima é a defensa do medio ambiente. Aseveran que a enerxía nuclear é, precisamente, a panacea para resolver o do cambio climático. Porque, efectivamente, admiten que hai un cambio climático moi claro e preocupante cando falan de enerxía nuclear, aínda que pase a ser “moi discutíbel” cando estes mesmos señores falan de, por exemplo, as térmicas.
Pero, en fin, que queren reabrir o debate nuclear. E nese debate xa adiantan que, agora, o mundo divídese en xente sensata e preocupada polo medio ambiente e o cambio climático que queren as nucleares como enerxía limpa, segura, barata e con combustíbel abondo, e os irresponsábeis que están dispostos a deixar que o planeta se destrúa.
E como queren debater, debateremos, faltaría máis. Os catro puntos, limpa, segura, barata e combustíbeis abondo, dan para o debate. De feito, aínda que a inversa, son os mesmos que mencionan nesta páxina Ecologistas en Acción con motivo do peche da central de Zorita.
Co animo de contribuír ao debate fago uns apuntamentos. Este, o primeiro, sobre o de “limpa”. E falando de limpeza chegamos aos residuos: Ao lixo nuclear.
O lixo nuclear.
a) Cando se producen:
Porque no ciclo nuclear prodúcese lixo nuclear en todas e cada unha das súas fases (ver presentacións a pantalla enteira, premer en botón da esquina inferior dereita), destacando, por ser tal vez o vez o menos coñecido a fase de desmantelamento (punto 3 da presentación) pois neste momento aínda non hai ningunha central nuclear totalmente desmantelada, pero a previsión do seu custe aumenta día a día, equivalendo xa ao da súa construcción.
Presentación 1.- Orixe do lixo nuclear
b) Clasificación do lixo nuclear: Pero máis importante que a fase en que se producen é a clasificación deste lixo e o seu tratamento (ver presentacións a pantalla enteira, premer botón inferior dereita) Pero previamente debemos introducir o concepto de período de semidesintegración ou de Media-vida, que é, basicamente, o período de tempo que tarda unha determinada cantidade de materia radioactiva en desintegrarse á metade. (Se temos 100 Kg dunha substancia cunha media-vida de 30 anos, ao cao deses 30 anos quedarán 50 Kg e ao cabo doutros 30 anos, aínda quedarán 25 Kg., e así sucesivamente. Vamos, que aos cen anos todos calvos, pero no “almacén” aínda queda máis do 20% do lixo). Atendendo a este criterio a Wikipedia en español, fai a seguinte clasificación: Lixo desclasificábel (ou exento): Non posúen radioactividade que poida resultar perigosa para a saúde das persoas e o medio ambiente. Lixo de baixa actividade: Considéranse desta categoría si, entre outros aspectos, o seu período de semidesintegración é baixo. Almacénanse en “Cemiterios Nucleares”, coma o de El Cabril (Córdoba). Lixo de media actividade: Considéranse desta categoría si, entre outros aspectos, o seu período de semidesintegración é inferior a 30 anos. Tamén se almacenan en “Cemiterios Nucleares”. Residuos de alta actividade: Todos aqueles materiais emisores de radioactividade alfa e aqueles materiais emisores beta ou gamma que superen os niveis impostos polos límites dos residuos de media actividade. Tamén todos aqueles cuxa media-vida supere os 30 años, aínda que realmente a maioría téñena de centos ou miles de anos. Deben conservarse en Almacenamentos Xeolóxicos Profundos (AXP). c) Tratamento do lixo nuclear Como vemos o tratamento que se debe de dar ao lixo nuclear será en cemiterios nucleares ou en Almacenamentos Xeolóxicos Profundos, segundo a súa clasificación. A estes tipos debemos de engadir un terceiro, que non é propiamente un almacenamento. Referímonos ao reprocesamento. Así temos: Cemiterio nuclear: En España existe tan só o de El Cabril en Córdoba. Está próximo ao seu esgotamento e Enresa (a empresa estatal encargada do lixo nuclear) está buscando o emprazamento para outro, o que ten provocado xa algúns conflictos como este en Carballo que denunciaba Verdegaia non hai moito. Almacenamento xeolóxico profundo: De todas as posibilidades estudiadas para tratar o lixo nuclear de alta actividades esta é a única que vai quedando. As demais foron desbotadas, ben por ser máis propias da ciencia ficción (como tiralo contra o sol dende naves espaciais) ou por excesivamente noxentas e perigosas (como tiralo na fosa atlántica). Máis ben, é a única que vai quedando na teoría, pois na práctica tan só existe un almacenamento destas características no mundo que cumpra os requisitos. Está en Nuevo México (WIPP), pero utilízase só para almacenar o lixo nuclear militar dos Estados Unidos. Reprocesamento nuclear: En Europa hai dous centros de reprocesamento: As plantas de La Hague (Francia) e a de Sellafield (Inglaterra) (As dúas se utilizan “de paso” para fabricar combustíbel válido para fabricar bombas nucleares, disto falaremos cando toque o tema da seguridade das centrais nucleares. Por agora tan só mencionar este enlace sobre a vila inglesa de Sellafield na Wikipedia. Finalmente está o problema do desmantelamento das centrais nucleares, que aínda hoxe non se sabe ben como facelo nin canto custaría (en calquera caso calcúlase que unha cantidade igual á da construcción, senón maior). Así, por exemplo, Vandellós I finalizou a súa actividade en 1989, máis non se aprobou o seu Plan de Desmantelamento e Clausura ata o ano 1998, non tendo rematado o proceso aínda hoxe. Tamén está pechada mais aínda non desmantelada Jose Cabrera E entramos no tema da financiación. Tema importante xa que a xestión do lixo nuclear, como se pode entender, é moi cara e, consecuentemente, inflúe no prezo final da enerxía xerada. É necesario por tanto que a paguen os propietario da central nuclear, para que o cálculo dos custes sexa real. Sen embargo a financiación do programa, segundo vemos nesta nota de Enresa, recae sobre o consumidor final de electricidade, sen discriminar de onde ven esa electricidade. Sen entrar noutros aspectos, este feito falsea os datos do custe da enerxía eléctrica nuclear. d) Recapitulación En resume, no debate da limpeza da enerxía nuclear coido que hai materia para o debate. En concreto teño dúbidas sobre: 1) O reprocesamento: ¿É seguro?, ¿É limpo?, ¿É parte dun programa militar? ¿Que medidas antiterroristas se usan ou se van usar? 2) Os cemiterios nucleares: ¿Por canto tempo teñen que funcionar?, ¿Con que garantías? ¿Onde? ¿Con que medidas antiterroristas? 3) O almacenamento xeolóxico profundo: ¿É posíbel?, ¿Onde?, ¿A que prezo?, ¿Por canto tempo? ¿con que medidas de seguridade? ¿Con que medidas antiterroristas? 4) O desmantelamento ¿Con que medidas de seguridade contra a radiación?, ¿Canto vai custar e quen o vai pagar? 5) O pago da xestión dos residuos ¿Pagamos todos co recibo da luz ou teñen que pagar as empresas nucleares como un factor máis da producción?) Enlaces deste comentario: fonte Greenpeace International Carballo que denunciaba Verdegaia Almacenamento xeolóxico profundo: