.
Mamá natureza enfádase. O Psoe tamén sabe facer vídeos. Berlusconi maréasenos. Outra chave para pechar o patio traseiro ianqui.
.

E falo de agravante da situación porque o certo é que nos atopamos nun proceso de cambio climático que, se ben está nos seus inicios, xa se deixa notar e que xa ninguén, salvo tal vez Bush, discute. Non é a primeira vez que chove tanto nas zonas agora afectadas nas últimas décadas. Tampouco o foi na anterior vaga de chuvias. Nin tampouco a vaga de calor da primeira quincena de agosto, cando os incendios, foi a maior da historia. Pero é que este ano estamos sempre a piques de bater récords.
Por outra banda cómpre anotar que cando as anteriores vagas de chuvias, a primeiros dos oitenta, aínda non se construíran gran parte das desfeitas urbanísticas agravantes destas inundacións. Construccións sen control que, por certo, tampouco resolveron o problema da vivenda que, como denuncia sombrinha betanceira, é agora máis grave ca nunca. Non parece ser a permisibilidade urbanística a solución.
Enlaces deste comentario:
apreciacións por adega
inundacións de outubro en Cee pola Voz de Galicia
recente por vieiros.com
cambio climático por meteogalicia
8 horas de chuvia por xornal.com
especulación urbanística por sombrinha betanceira
O Psoe tamén sabe facer vídeos

E o PSOE sacoulles un vídeo. Moito menos imaxinativo. ¡Con dicir que se centra no lugar (España) e no tempo (Goberno de Aznar) de que quere falar!. Bótase en falta a desbordante imaxinación do PP e a súa capacidade para xogar co espacio-tempo, moi superior, hai que recoñecelo, á do mesmísimo Einstein.
O vídeo sentou mal a Josemari e, dende logo, ao PP que volveu a usar conceptos brillantes (ladran) para referirse ao PSOE. Pero a dicir verdade, tampouco sentou moi ben a outra xente. Que un partido de paz se enorgulleza de que fai menos pola paz que o partido da guerra... pois iso. Dende Odón Elorza (PSOE), ata PNV ou batasuna (necesarios para o proceso de paz) criticaron, non tanto o vídeo, coma o guión.
Enlaces deste comentario:
Josemari en mundogaliza
zaplana en xornal.com
manifestación en xornal.com
vídeo PP e vídeo PSOE en Braisgz
Críticas de PNV e batasuna en Deia.
Berlusconi maréasenos

Máis o feito danos pé para lembrarnos del. Lembrar ao gran líder que, sabendo que o é, fíxose o remolón para deixar o cargo, sabedor, seguramente, de que o seu sucesor non ía ser tan simpático coma el. Porque de certo que el é ben pavero. E polifacético, lembremos a súa actividade como músico e vulcanólogo, porque segundo relemos en “El país” do 19 de agosto de 2006, é músico, (gravou un disco ou dous, ao cabo ten ben cartos para pagalos) e fixo unha proba cun volcán tan real e tan ben feita que aínda se deben lembrar os veciños. E os bombeiros.
Non foron, en calquera caso, as súas únicas mostras de simpatía. Lembremos estas Frases para a historia. Certamente, o cuarteto da “loita antiterrorista por riba de todo e de todos” (con Aznar, Blair e Bush), non sería o mesmo sen el.
Enlaces deste comentario:
Berlusconi marease en xornal.com
Berlusconi dimite en xornal.com
Musico e vulcanólogo en el país
Frases para la historia de el periódico de Aragón.
Azna xornalista, polo moscón
Outra chave para pechar o patio traseiro ianqui.

Como mostra da esperanza que esperta Correa xa recibiu o apoio explícito da Conaie (Confederación de Nacionalidades Indígenas del Ecuador) e xa ten prevista unha reunión con Chávez e Lula en Brasilia. Os dous polos xeográficos e ideolóxicos da nova Suramérica.
Enlaces deste comentario:
Bush perde eleccións ao congreso, polo moscón
Victoria de Correa en xornal.com
Correa verase con Chávez e Lula en Brasil, en aporrea.org
Apoio da Conaie en conaie. Info
Conaie.info Confederación de Nacionalidades Indígenas del Ecuador
Nenhum comentário:
Postar um comentário