sexta-feira, dezembro 08, 2006

A hora galega

(premer no mapa para ver o resto das imaxes).
Para ver unha presentación premer aquí (nota: É algo lenta)

¡Moita lata non deu esta semana isto da hora galega!. Seica, polo que se escoita por aí adiante, que mesmo un partido político, un tal BNG, fixo un congreso, reunindo a todos os seus militantes, tan só para discutir ese punto. Cando menos en moita prensa seica non se fala de que discutisen de ningún outro asunto.

E o asunto, como digo, xa foi moi discutido nesta semana, como di vieiros, que menciona varios enlaces, o que me exime de telos que poñer eu, por esta vez. (Tan só mencionar que algún xa o recollera eu nun outro moscón).

De todos xeitos convén facer algunhas precisións sobre o cambio de hora:

Primeiro, que non se trata de poñer unha hora galega, así, por diferenciarnos. Máis ben, trátase de adaptarnos á hora que nos corresponde polo noso fuso horario, o mesmo que pasa por Irlanda e Portugal, como podemos ver en estas moscas.

Segundo, que o tema ten a súa importancia, pois, como sabemos cada vez que nos cambian a hora de verán á de inverno, e viceversa, o asunto este da hora afecta á saúde e máis ao estado de ánimo. E ao gasto enerxético. E nestes dous puntos, coa hora de “Greenwich”, en Galiza saímos perdendo.

Terceiro, que está ben, moi ben, que se fale, pois é necesario iniciar o debate para que algún día, efectivamente, se adapte a hora ao noso fuso horario. Aínda que máis que falar, algúns despotriquen, que non todos.

Enlaces deste comentario:

A proposta de cambio hoario revoluciona a rede, en vieiros

O cambio horario, moscón.blogaliza.org

Falan, en barrapunto.com

O fuso horario de Galiza, en o moscón blogspot

Nenhum comentário: