sábado, dezembro 30, 2006

Debate nuclear. 1.- O Lixo Nuclear

De novo o debate nuclear

En pleno proceso de Abandono da enerxía nuclear, recentemente reafirmada polo goberno, sorpréndennos a Ceoe e mais o PP afirmando que hai que potenciar o programa nuclear. Suman así a súa voz a outras que xa soaban dende hai algún tempo. Como a da Axencia Internacional de Enerxía recomendando, tamén, a construcción de centrais nucleares.

Curiosamente a súa argumentación ultima é a defensa do medio ambiente. Aseveran que a enerxía nuclear é, precisamente, a panacea para resolver o do cambio climático. Porque, efectivamente, admiten que hai un cambio climático moi claro e preocupante cando falan de enerxía nuclear, aínda que pase a ser “moi discutíbel” cando estes mesmos señores falan de, por exemplo, as térmicas.

Pero, en fin, que queren reabrir o debate nuclear. E nese debate xa adiantan que, agora, o mundo divídese en xente sensata e preocupada polo medio ambiente e o cambio climático que queren as nucleares como enerxía limpa, segura, barata e con combustíbel abondo, e os irresponsábeis que están dispostos a deixar que o planeta se destrúa.

E como queren debater, debateremos, faltaría máis. Os catro puntos, limpa, segura, barata e combustíbeis abondo, dan para o debate. De feito, aínda que a inversa, son os mesmos que mencionan nesta páxina Ecologistas en Acción con motivo do peche da central de Zorita.

Co animo de contribuír ao debate fago uns apuntamentos. Este, o primeiro, sobre o de “limpa”. E falando de limpeza chegamos aos residuos: Ao lixo nuclear.

O lixo nuclear.

a) Cando se producen:

Porque no ciclo nuclear prodúcese lixo nuclear en todas e cada unha das súas fases (ver presentacións a pantalla enteira, premer en botón da esquina inferior dereita), destacando, por ser tal vez o vez o menos coñecido a fase de desmantelamento (punto 3 da presentación) pois neste momento aínda non hai ningunha central nuclear totalmente desmantelada, pero a previsión do seu custe aumenta día a día, equivalendo xa ao da súa construcción.

Presentación 1.- Orixe do lixo nuclear


b) Clasificación do lixo nuclear:

Pero máis importante que a fase en que se producen é a clasificación deste lixo e o seu tratamento (ver presentacións a pantalla enteira, premer botón inferior dereita)

Presentación 2 Os residuos, clases, tratamentos e financiación do tratamento.


Pero previamente debemos introducir o concepto de período de semidesintegración ou de Media-vida, que é, basicamente, o período de tempo que tarda unha determinada cantidade de materia radioactiva en desintegrarse á metade. (Se temos 100 Kg dunha substancia cunha media-vida de 30 anos, ao cao deses 30 anos quedarán 50 Kg e ao cabo doutros 30 anos, aínda quedarán 25 Kg., e así sucesivamente. Vamos, que aos cen anos todos calvos, pero no “almacén” aínda queda máis do 20% do lixo).

Atendendo a este criterio a Wikipedia en español, fai a seguinte clasificación:

Lixo desclasificábel (ou exento): Non posúen radioactividade que poida resultar perigosa para a saúde das persoas e o medio ambiente.

Lixo de baixa actividade: Considéranse desta categoría si, entre outros aspectos, o seu período de semidesintegración é baixo. Almacénanse en “Cemiterios Nucleares”, coma o de El Cabril (Córdoba).

Lixo de media actividade: Considéranse desta categoría si, entre outros aspectos, o seu período de semidesintegración é inferior a 30 anos. Tamén se almacenan en “Cemiterios Nucleares”.

Residuos de alta actividade: Todos aqueles materiais emisores de radioactividade alfa e aqueles materiais emisores beta ou gamma que superen os niveis impostos polos límites dos residuos de media actividade. Tamén todos aqueles cuxa media-vida supere os 30 años, aínda que realmente a maioría téñena de centos ou miles de anos. Deben conservarse en Almacenamentos Xeolóxicos Profundos (AXP).

c) Tratamento do lixo nuclear

Como vemos o tratamento que se debe de dar ao lixo nuclear será en cemiterios nucleares ou en Almacenamentos Xeolóxicos Profundos, segundo a súa clasificación. A estes tipos debemos de engadir un terceiro, que non é propiamente un almacenamento. Referímonos ao reprocesamento. Así temos:

Cemiterio nuclear: En España existe tan só o de El Cabril en Córdoba. Está próximo ao seu esgotamento e Enresa (a empresa estatal encargada do lixo nuclear) está buscando o emprazamento para outro, o que ten provocado xa algúns conflictos como este en Carballo que denunciaba Verdegaia non hai moito.

Almacenamento xeolóxico profundo: De todas as posibilidades estudiadas para tratar o lixo nuclear de alta actividades esta é a única que vai quedando. As demais foron desbotadas, ben por ser máis propias da ciencia ficción (como tiralo contra o sol dende naves espaciais) ou por excesivamente noxentas e perigosas (como tiralo na fosa atlántica). Máis ben, é a única que vai quedando na teoría, pois na práctica tan só existe un almacenamento destas características no mundo que cumpra os requisitos. Está en Nuevo México (WIPP), pero utilízase só para almacenar o lixo nuclear militar dos Estados Unidos.

Reprocesamento nuclear: En Europa hai dous centros de reprocesamento: As plantas de La Hague (Francia) e a de Sellafield (Inglaterra) (As dúas se utilizan “de paso” para fabricar combustíbel válido para fabricar bombas nucleares, disto falaremos cando toque o tema da seguridade das centrais nucleares. Por agora tan só mencionar este enlace sobre a vila inglesa de Sellafield na Wikipedia.

Finalmente está o problema do desmantelamento das centrais nucleares, que aínda hoxe non se sabe ben como facelo nin canto custaría (en calquera caso calcúlase que unha cantidade igual á da construcción, senón maior). Así, por exemplo, Vandellós I finalizou a súa actividade en 1989, máis non se aprobou o seu Plan de Desmantelamento e Clausura ata o ano 1998, non tendo rematado o proceso aínda hoxe. Tamén está pechada mais aínda non desmantelada Jose Cabrera

E entramos no tema da financiación. Tema importante xa que a xestión do lixo nuclear, como se pode entender, é moi cara e, consecuentemente, inflúe no prezo final da enerxía xerada. É necesario por tanto que a paguen os propietario da central nuclear, para que o cálculo dos custes sexa real. Sen embargo a financiación do programa, segundo vemos nesta nota de Enresa, recae sobre o consumidor final de electricidade, sen discriminar de onde ven esa electricidade. Sen entrar noutros aspectos, este feito falsea os datos do custe da enerxía eléctrica nuclear.

d) Recapitulación

En resume, no debate da limpeza da enerxía nuclear coido que hai materia para o debate. En concreto teño dúbidas sobre:

1) O reprocesamento: ¿É seguro?, ¿É limpo?, ¿É parte dun programa militar? ¿Que medidas antiterroristas se usan ou se van usar?

2) Os cemiterios nucleares: ¿Por canto tempo teñen que funcionar?, ¿Con que garantías? ¿Onde? ¿Con que medidas antiterroristas?

3) O almacenamento xeolóxico profundo: ¿É posíbel?, ¿Onde?, ¿A que prezo?, ¿Por canto tempo? ¿con que medidas de seguridade? ¿Con que medidas antiterroristas?

4) O desmantelamento ¿Con que medidas de seguridade contra a radiación?, ¿Canto vai custar e quen o vai pagar?

5) O pago da xestión dos residuos ¿Pagamos todos co recibo da luz ou teñen que pagar as empresas nucleares como un factor máis da producción?)

Enlaces deste comentario:

Abandono da enerxía nuclear

reafirmada

potenciar o programa nuclear

recomendando

ecologístas en Acción,

residuos

ver presentación 1

ver presentación 2

clasificación:

Reprocesamiento nuclear:

fonte Greenpeace International

Sellafield na Wikipedia.

Cemiterio nuclear:

Enresa

Carballo que denunciaba Verdegaia

Almacenamento xeolóxico profundo:

Vandellós I

Jose Cabrera

nesta nota de Enresa

sábado, dezembro 23, 2006

Ocorrentes e simpáticos

Ocorrentes e simpáticos


Para ver a presentación en pantalla enteira preme aquí

Pois si, esta foiche unha semana ben chea de ocorrentes en Galicia. Só co asunto este da correcta execución de obras como a estrada de Cangas, ou a autovía do Salnés, ou outras moitas abondaría. E é que, de seguir así, logo imos ter máis campos de golf ca Murcia. E con buratos máis grandes e mellor regados. Mesmo anegados.

Pero non só das obras de Pepe, Gotera e Otilio viviu o humor galego esta semana. Un novo partido, o
partido galeguista, irrompe con forza e ganas de divertir (probablemente a falta de programa) na campaña electoral das municipais. Ás declaracións de hai uns días do secretario xeral do partido en Vigo, únense agora as realmente inxeniosas do candidato á alcaldía na Coruña, Carlos Marcos.

Ou non é inxenioso iniciar a súa “actuación política" (porque esta
entrevista en alguén que se di galeguista é máis propia do teatro ou do circo) laiándose de que na Coruña estase a impoñer o galego. E o exemplo escollido... ¡A que non o imaxinades!. Pois si. ¡O topónimo!. E defendendo o L, claro, que un partido galeguista que non defendese o L non tería gacia. Non me digades que non é ocorrente, os “sucesores” de Castelao, segundo a súa publicidade, defendendo o L na Coruña e atacando a imposición do galego.

A continuación explicanos que "A Coruña necesita unha candidatura como Ciutadans de Cataluña”. Así, a vote pronto non parecerá moi gracioso, pero lembremos a relación entre ciutadans de Cataluña e o catalanismo ou, máis ben, o españolismo, Para lembralo recomendo reler este
moscón
. E finalmente reclama poder facer unha candidatura e un programa con claro acento local (lease curuñisista, como as de Paco Vázquez). E a opinión do presidente do PG, o vigués Manuel Soto (compañeiro Soto), que considera que o candidato ten "pedigrí" dabondo para acubillarse debaixo das siglas do histórico partido e que «Xamais atoparás (dixo Manuel Soto, o presi) neste partido atrancos a ese coruñesismo intenso, aberto e ambicioso que profesas e que forma parte dun gran proxecto galeguista (sic.)».Si. Ben simpáticos que che son. Seguro que se Castelao ou Bóveda, ou algún outro galeguista histórico, volvese da tumba e lle dixeran que estes son os seus herdeiros, volverían a ela mortos da risa. Ou da pena. Ou, máis probábel, buscarían aos seus herdeiros noutras siglas.

Pero non foi a única declaración simpática da dereita. Porque parece que a dereita, a falta de outras argumentacións, lles entrou a vea simpática. Senón o cren miren as frases certamente ocorrentes que soltou o Feijoo sobre a
proposta horaria: "O BNG quere avanzar na autodeterminación horaria" "en Europa pregúntanse como o 0,72 por cento da UE se quere separar do horario común",”cada metade no executivo chegue a unha hora diferente aos consellos da Xunta”, "estamos nun bigoberno en estado puro, a metade do goberno está no horario portugués e a outra metade no español".

Moi simpático, si, pero o certo é que a proposta é seria e afecta á saúde e á economía de Galiza. Que non se trata de unha autodeterminación horaria senón de estar no fuso horario da europa que está no noso fuso horario (ver
mapa e presentación da mosquipedia). Que non é que Galiza se queira separar do horario común europeo (o 0,72 por cento da frase), senón unirse ao horario de parte significativa de Europa (Irlanda, Inglaterra e Portugal) e que, en tal caso, se trata de estar co horario anglo-portugués ou co hispano-polaco.
E pavero, ou simpatico, ou irónico, estivo Cacharro con Núñez Feijoo. Nunha interesante entrevista na
Radio Galega deixa entrever a súa seguridade na derrota municipal do PP. Ata o punto de que xa pide a cabeza de Feijoo. E a do seu substituto como aspirante á deputación de Lugo, Xosé Manuel Barreiro. E a do candidato á alcaldía lucense, Joaquín García Díez. Asegurou que terán “que render contas ao seu propio partido no seu momento” se non conseguen manter, “cando menos”, os resultados logrados polos populares en 2003.
E finalmente ben simpática estivo tamén a presidenta do parlamento.
Amante da súa música se ve que non lle acaba de coller o tranganillo ao himno desta terra en que, por sorte ou por desgracia, naceu e vive. A ela vanlle outros ritmos, que se lle vai facer, que cada quen ten os gustos musicais que ten. E que conste que ten dereito. O divertido, para ela, é que, aproveitándose do seu cargo, botounos unha versión do himno galego en flamenco, que é xustamente o que lle debe de gustar, que os seus gustos di ela que son moi cultos e non hai nada máis culto e máis internacional e integrador e todo iso, para un nacionalista español, que o flamenco.

Claro que, como di Guillerme Vázquez
neste artigo, “é unha pena que outros non sigan o exemplo da señora Presidenta. ¡Interpretar, por exemplo, a Marsellesa con aires árabes, ou o himno andaluz con gaitas, ou o español con aire de sardana! Ou ben ese mesmo himno español, cando desfilen as tropas pola madrileñísima Castellana con base de “hard rock”.
Claro que, como insiste Guillerme, en ningún país se lles pasa pola cabeza confundir o seu himno con música. Iso tan culto só se lle debe ocorrer á Presidenta do Parlamento de Galiza.

Moi divertido este país. Si. Para morrer da risa, ou da pena.




Notas da presentación:
(1)
a autovía no moscón
(2)
outras moitas na Voz de Galicia
(3)
o partido en Partido Galeguista
(4)
realmente inxeniosas en Vieiros.com
(5)
entrevista en La Voz de Galicia
(6)
moscón en o moscón
(7)
proposta en o moscón
(8)
mapa e presentación en o moscón
(9
Radio Galega en CRTVG
(11)
neste artigo en Gznación

sábado, dezembro 16, 2006

A voz crítica da cidade da cultura.

A voz crítica da cidade da cultura

Preme en cada imaxe para ver a seguinte, ou aquí para velas en pantalla enteira



Eu xa daba por definitiva a inexistencia dun xornalismo crítico na nosa terra, cando menos entre os grandes grupos mediáticos. Así que imaxinádevos a sorpresa que levei cando o 13-12-2006, lin este artigo (ao que recomendo que lle botedes unha ollada antes de seguir lendo) de denuncia, co significativo título de “Impostos «revolucionarios»” e o impactante subtítulo de “Traspasar o fracaso da Cidade da Cultura á empresa e a universidade supón crear unha sociedade máis inxusta.”.

Picado pola curiosidade funme mirar, antes de nada, quen era o ousado autor deste incendiario comentario. A sorpresa foi aínda maior. Non era unha opinión individual dun xornalista con ansias xusticeiras. ¡Ca!. ¡Érache a opinión da redacción dun dos grandes xornais deste país!. ¡E na última páxina que, como é sabido, é unha das de maior importancia e das máis lidas!.

Así que, sen máis, boteime á lectura. E as expectativas creadas polo titular non me defraudaron. O artigo é, certamente, contundente. En cursiva reproduzo, a modo de exemplo, algunhas mostras de por onde van os tiros:

A XUNTA colocou sobre as costas dunhas universidades desnutridas e dunhas empresas alanceadas pola deslocalización a responsabilidade de parchear o despropósito da Cidade da Cultura...

(Malvada Xunta, co ben que ía todo ata que chegou este goberno... ¿ou xa non ía ben antes?. ¿As críticas viñan de moi atrás e é ese, precisamente, o motivo de tan emotivo artigo?. Para sabelo botei unha ollada polo buscador do mesmo xornal dende antes do inicio desas obras, 15-02-2001 se non lembro mal, pero non atopei ningún comentario negativo sobre a Cidade da Cultura. Cando menos non ata que perdeu as eleccións quen perdeu as eleccións. (Recoñezo, sen embargo, que entre as 114.528 entradas existentes entre o 15-12-2000 e o 15-12 2003, por poñer unhas datas, non digo que non haxa algunha, pero lin ben delas, xúrovolo, e nas que lin, nada.).

E seguín lendo ao noso arriscado reporteiro: Nunha sociedade envellecida, cun sistema do benestar furado e co maná dos fondos europeos con data de caducidade, (Estase referindo á Galiza da nova Xunta, supoño, porque esta definición da nosa terra non se lía antes nas súas páxinas) o primeiro encargo que a Xunta faille (sic) ás universidades e ás empresas que integran a recentemente creada Fundación para a Sociedade do Coñecemento (¡tamén, xa lle podían ter feito algún outro antes, cachis na mar!,) consiste en que enterren o seu capital humano e económico nas ladeiras do Gaiás...

¡Coiro!. ¡E por que fai iso a Xunta!. Enterrar o capital..., se todos sabemos que o capital non medra así, enterrándoo como se fosen vulgares patacas. Ademais, as ladeiras do Gaiás non debe ser bo terreo de cultivo, e menos coas obras faraónicas (¿dise así?) que se están a facer alí. Para saber máis, seguín lendo:

...proxecto de tamaño faraónico (vedes, xa o dicía eu, faraónico) pero de contido liliputiense (E isto que me soa ao que diciamos moitos cando gobernaba o de antes, o faraón, para entendernos. Ou sexa que os deste xornal tamén o sabían pero o calaban...) supón aplicar de forma enmascarada un imposto revolucionario... (Enmascarados, como os da Eta. Estes da Xunta... E estes indefensos empresarios e rectores, así ameazados...). Sigue:

...danos causados por unha decisión tomada no seu día polo PP (recoñéceno) e acrecentada polas omisións de Touriño (Xa, a Xunta actual acrecenta por omisión o que os outros “decidiron” mal. De todos xeitos... Imos ver, parece que os de Fraga tomaron unha decisión e Touriño (o redactor chámalle Touriño ao bipartito), se emperran en levala adiante...Pero o certo é que despois de tomar a decisión, contrataron a obra e executárona ¡dende o 15-02-2001!. Non foi só unha decisión, houbo moito máis) e da súa conselleira de Cultura (Por certo, non ten nome, pero si propietario, Ánxela Bugallo é a Conselleira de Cultura de Touriño, isto é finura na redacción)...

...coloca á Xunta á altura doutras entidades que actúan á marxe do interese xeral dos seus socios, tal é o caso de equipos de fútbol como o laureado Real Madrid (sic). (Si..., ben..., este... Aquí eu debería dicir algo, pero, francamente, perdinme, non sei se compara á Xunta co Real Madrid por ser once os concelleiros (¿son 11?), ou porque hai un loureiro no salón de sesións do parlamento (¿haino?), ou porque os dous comparten capitalidade (¿Madrid?)). Para averigualo seguín lendo:

...Fútbol e política contamínanse e retroaliméntanse dos peores virus que afectan ás elites dirixentes... (Agora xa está claro. ¿Ou non?. Ben, por se alguén aínda non o colleu menciona máis exemplos: o Atlético de Madrid, Levante, Deportivo, Celta ou Valencia bótanse en mans da providencia e das institucións públicas para que lle saquen de encima o buraco económico en que se meteron motu propio. (Levante, providencia, motu propio..., que imaxinación para asociar ideas).

...Universidade, unha institución que en Galicia ten que mendigar recursos para pagar as nóminas dos seus catedráticos, pór medios dignos aos alumnos ou, simplemente, adquirir un libro; (Meu Deus, e moitos de nós que críamos que esto estaba somentes mal... pero,¡Ter que mendigar para adquirir, simplemente, un libro...!)

Finalmente, un parágrafo cando menos curioso: ...nin tampouco usando o silencio e a docilidade da prensa (a que prensa silenciosa e dócil se poden referir) para sacar adiante propósitos socialmente inaceptables (¿propósitos socialmente inaceptábeis...? ¡que prensa merecente de tal nome pode facer iso!. E ademais, ¡A cambio de que o ía facer!). Seguir polo camiño do encubrimento só servirá para construír unha sociedade máis inxusta.

Seguir... Pero, ¡Só sigue quen empezou!.

Notas da presentación, todas de A Voz de Galicia:

(1) O proxecto máis ambicioso

(2) prestixiosos foros da arquitectura mundial

(3) proxecto faraónico e imposto revolucionario

(4) Médicos e cidade da cultura

sexta-feira, dezembro 08, 2006

01-12-2006 a 08-12-2006.

A hora galega.
Outro susto, agora Pinochet.

A hora galega

(premer no mapa para ver o resto das imaxes).
Para ver unha presentación premer aquí (nota: É algo lenta)

¡Moita lata non deu esta semana isto da hora galega!. Seica, polo que se escoita por aí adiante, que mesmo un partido político, un tal BNG, fixo un congreso, reunindo a todos os seus militantes, tan só para discutir ese punto. Cando menos en moita prensa seica non se fala de que discutisen de ningún outro asunto.

E o asunto, como digo, xa foi moi discutido nesta semana, como di vieiros, que menciona varios enlaces, o que me exime de telos que poñer eu, por esta vez. (Tan só mencionar que algún xa o recollera eu nun outro moscón).

De todos xeitos convén facer algunhas precisións sobre o cambio de hora:

Primeiro, que non se trata de poñer unha hora galega, así, por diferenciarnos. Máis ben, trátase de adaptarnos á hora que nos corresponde polo noso fuso horario, o mesmo que pasa por Irlanda e Portugal, como podemos ver en estas moscas.

Segundo, que o tema ten a súa importancia, pois, como sabemos cada vez que nos cambian a hora de verán á de inverno, e viceversa, o asunto este da hora afecta á saúde e máis ao estado de ánimo. E ao gasto enerxético. E nestes dous puntos, coa hora de “Greenwich”, en Galiza saímos perdendo.

Terceiro, que está ben, moi ben, que se fale, pois é necesario iniciar o debate para que algún día, efectivamente, se adapte a hora ao noso fuso horario. Aínda que máis que falar, algúns despotriquen, que non todos.

Enlaces deste comentario:

A proposta de cambio hoario revoluciona a rede, en vieiros

O cambio horario, moscón.blogaliza.org

Falan, en barrapunto.com

O fuso horario de Galiza, en o moscón blogspot
Outro susto, agora Pinochet.

Non damos abasto. A semana pasada mareóusenos Berlusconi e esta semana tocoulle a Pinochet. Peor aínda, o pobriño non só se mareou. Ca!, disque que che foi un infarto ou algo así, moi grave e moi malo. Que si, que estivo tan mal que mesmo lle deron a extremaución, ou os santos óleos, ou como se diga. Tan mal que os xuíces, que no fondo son uns santos, déronlle a libertade provisional por mor dese seu estado de saúde.

Unha nova milagre, todo hai que dicilo. Cada vez que este home ten un problema coa xustiza dalle un achuchón moi grave, coma cando o da
extradición (ano 2000) ou máis adiante (2005), ou agora. Unha milagre, certamente, que o salva da xustiza dos revanchistas, comunistas, ateos e etc., que somos todos os que non comungamos con ese salvapatrias. Que si, unha milagre porque en canto consigue o beneficio xurídico, sana de todo. A pesar dos seu 91 anos. A pesar de que algúns falen de enfermos imaxinario

Enlaces deste comentario:
mareóusenos en O moscón
tocoulle en xornal.com
extremaución, en La voz.com.ar
extradición (ano 2000) la semana.es
adiante (2005) en nuevo diario.com.in(2005)
sana en guillo.d
enfermos imaxinario en ABC.es

sexta-feira, dezembro 01, 2006

23-11-2006 a 30-11-2006.

.
Mamá natureza enfádase. O Psoe tamén sabe facer vídeos. Berlusconi maréasenos. Outra chave para pechar o patio traseiro ianqui.
.


Esta semana falouse, volveuse a falar, das inundacións. Volveuse a falar, por que xa a finais de outubro inundárase por aquí, e fixéranse apreciacións coma estas, feita por Adega. Xa daquela, investigando nas causas das inundacións de Cee e outras vilas, descubriu a nefasta xestión urbanística e a vaga dos lumes como agravantes da situación. as mesmas apreciacións que reaparecen na valoración da nova vaga realizada, por exemplo, por Luita verde, grupo ecoloxista da península do Morrazo.

E falo de agravante da situación porque o certo é que nos atopamos nun proceso de
cambio climático que, se ben está nos seus inicios, xa se deixa notar e que xa ninguén, salvo tal vez Bush, discute. Non é a primeira vez que chove tanto nas zonas agora afectadas nas últimas décadas. Tampouco o foi na anterior vaga de chuvias. Nin tampouco a vaga de calor da primeira quincena de agosto, cando os incendios, foi a maior da historia. Pero é que este ano estamos sempre a piques de bater récords.

Por outra banda cómpre anotar que cando as anteriores vagas de chuvias, a primeiros dos oitenta, aínda non se construíran gran parte das desfeitas urbanísticas agravantes destas inundacións. Construccións sen control que, por certo, tampouco resolveron o problema da vivenda que, como
denuncia sombrinha betanceira, é agora máis grave ca nunca. Non parece ser a permisibilidade urbanística a solución.

Enlaces deste comentario:
apreciacións por adega
inundacións de outubro en Cee pola Voz de Galicia
recente por vieiros.com
cambio climático por meteogalicia
8 horas de chuvia por xornal.com
especulación urbanística por sombrinha betanceira


O Psoe tamén sabe facer vídeos


O PP estábao a pedir a berros. Que o PSOE lle contestase aos seus vídeos, tan imaxinativos (capaces de colar imaxes que non corresponden á época ou ao lugar), coa mesma moeda.

E o PSOE sacoulles un
vídeo. Moito menos imaxinativo. ¡Con dicir que se centra no lugar (España) e no tempo (Goberno de Aznar) de que quere falar!. Bótase en falta a desbordante imaxinación do PP e a súa capacidade para xogar co espacio-tempo, moi superior, hai que recoñecelo, á do mesmísimo Einstein.

O vídeo sentou mal a
Josemari e, dende logo, ao PP que volveu a usar conceptos brillantes (ladran) para referirse ao PSOE. Pero a dicir verdade, tampouco sentou moi ben a outra xente. Que un partido de paz se enorgulleza de que fai menos pola paz que o partido da guerra... pois iso. Dende Odón Elorza (PSOE), ata PNV ou batasuna (necesarios para o proceso de paz) criticaron, non tanto o vídeo, coma o guión.

Enlaces deste comentario:
Josemari en mundogaliza
zaplana en xornal.com
manifestación en xornal.com
vídeo PP e vídeo PSOE en Braisgz
Críticas de PNV e batasuna en Deia.


Berlusconi maréasenos


¡Menudo susto non che nos deu Berlusconi!. ¡Privóusenos en medio dun acto!. Menos mal que finalmente todo quedou en nada. Ben, aprazou un dos seus moitos xuízos, mais iso, realmente xa non é gran noticia. Ten tantos e ten aprazado tantos.

Máis o feito danos pé para lembrarnos del. Lembrar ao gran líder que, sabendo que o é,
fíxose o remolón para deixar o cargo, sabedor, seguramente, de que o seu sucesor non ía ser tan simpático coma el. Porque de certo que el é ben pavero. E polifacético, lembremos a súa actividade como músico e vulcanólogo, porque segundo relemos en “El país” do 19 de agosto de 2006, é músico, (gravou un disco ou dous, ao cabo ten ben cartos para pagalos) e fixo unha proba cun volcán tan real e tan ben feita que aínda se deben lembrar os veciños. E os bombeiros.

Non foron, en calquera caso, as súas únicas mostras de simpatía. Lembremos estas
Frases para a historia. Certamente, o cuarteto da “loita antiterrorista por riba de todo e de todos” (con Aznar, Blair e Bush), non sería o mesmo sen el.

Enlaces deste comentario:
Berlusconi marease en xornal.com
Berlusconi dimite en xornal.com
Musico e vulcanólogo en el país
Frases para la historia de el periódico de Aragón.
Azna xornalista, polo moscón


Outra chave para pechar o patio traseiro ianqui.


O 26 de novembro a política de Bush levou un novo pao. Volveu a perder unhas eleccións, neste caso fóra de Norteamérica, en Ecuador. Porque non hai dúbida de que Bush, como sempre que se trata do seu patio traseiro, interveu na elección. E un novo Chávez, o candidato perdedor tratábao de tal pretendendo desacreditalo, gañou as eleccións. E ten algo de razón, porque Correa porta unha nova chave para pechar aos norteamericanos o seu patio traseiro e devolverllo aos que viven alí, empezando polos indíxenas, convertendo o trasteiro ianqui nun lugar digno onde vivir e ser.

Como mostra da esperanza que esperta Correa xa recibiu o
apoio explícito da Conaie (Confederación de Nacionalidades Indígenas del Ecuador) e xa ten prevista unha reunión con Chávez e Lula en Brasilia. Os dous polos xeográficos e ideolóxicos da nova Suramérica.

Enlaces deste comentario:
Bush perde eleccións ao congreso, polo moscón
Victoria de Correa en xornal.com
Correa verase con Chávez e Lula en Brasil, en aporrea.org
Apoio da Conaie en conaie. Info
Conaie.info Confederación de Nacionalidades Indígenas del Ecuador

sexta-feira, novembro 24, 2006

16-11-2006 a 23-11-2006

Esperanza antisistema

É a frase da semana, sen dúbida ningunha "no tener pagas extra me tiene mártir.... No es que haga números a final de mes, ¡es que muchas veces no llego!" (xornal.com). Unha boa publicidade para un libro (a biografía de Esperanza Aguirre que seguramente acabará coma un best seller deses). Si, ten motivado comentarios de todo tipo, como por exemplo o que aparece en “Betanceiros que queredes”. Ou esta outra que recolle frases divertidas, ou non, desta señora. Entre elas esta "Sara Mago, una excelente pintora" (Refiriéndose al Premio Nóbel de Literatura José Saramago.1997.) ou estoutra tan preocupante "Cataluña acabaría hundida en un régimen nacionalista-socialista en el que se impondría el pensamiento único. No sé si decir que nos tratan como si fuéramos judíos en la Alemania nazi, como decía Francesc de Carreras (miembro de Ciutadans de Catalunya) en un artículo..."

E que realmente non hai nada que radicalice máis que chegar mal a fin de mes. Esperanza Aguirre, abandeirada dun partido de Orden, derivando cara un partido antisistema como se quere definir a si mesmo Ciutadans de Catalunya.

Ciutadans de Catalunya

Claro que agora tamén sabemos que Albert Rivera, líder do partido que se autodenomina independente e de esquerdas, Ciutadans de Cataluya, foi militante do PP durante varios anos, dende setembro de 2002 ata abril de 2006, chegando a ser apoderado electoral do PP nas eleccións de marzo de 2004. Como opinan en Repolos de Betanzos, o timo da estampita.

Claro que, se lemos a entrevista ao Sr. Robles, (secretario xeral e deputado deste partido) publicado no xornal
el plural.com, a súa ideoloxía queda máis clara. Non digo que non sexan antisistema, todo depende do sistema contra o que estean, mesmo Hitler, por poñer un exemplo, estaba contra o sistema democrático ¿non?. Para entendelo, algunhas frases:

No somos un partido de izquierdas, sino un partido socialdemócrata con tintes de liberalismo progresista… (claro, ¿non?)

Nosotros tenemos un discurso que pasa por no avergonzarnos de ser españoles ni de lo español. Y como Piqué no está en esos parámetros, parte de su electorado nos vota a nosotros. (¿Piqué é pouco menos que un nacionalista catalán para eles?. Máis claro, ¿non?)

Se les ha acusado de ser los candidatos de la COPE y de El Mundo ¿qué hay de verdad en eso? No tenemos nada que decir, porque es verdad (despois procura aclarar algo, e coido que si, que o aclara..., que mesmo Jiménez Losantos (Cope) pediu o voto para eles)

Con Franco hubo gente que pudo ir a la Universidad, pero con este sistema, los jóvenes de barrios obreros no van nunca a la Universidad.

-¿Cuáles son las principales iniciativas parlamentarias que van a impulsar en esta nueva etapa? Lo primero: cerrar todas las oficinas de acción lingüística y que así no se sancione por cuestiones de lengua a nadie. Después, derrocar la política de inmersión lingüística. (Totalmente claro, xa sabemos as dúas cousas que máis lles preocupan, o catalán e o catalán ¿non?)

O urbanismo chega a Galicia.

Ou iso parece. Agora e aquí todo diós quere construír. Na costa. Só o concello de Barreiros ten dado 6.000 licenzas nun ano, a dúas por habitante actual. Claro que nós sabemos que non é certo, que xa antes había destas cousas, e que tampouco Florentino inventou iso de meterse despois no sector enerxético, senón preguntémoslle a Paco.

De todos xeitos parece que sempre ten que haber alguén con ganas de amolar e, neste caso, tócalle a Xunta. ¡Non van e queren prohibir construír a 500 metros da costa!. ¡Os melloriños terreos para meter cemento! ¡Xa son ganas de amolar, oh!. E non nos vale que digan que xa é así en, por exemplo,
Asturias. Para unha vez que os alcaldes do PP e os empresarios queren seguir o seu propio camiño, sen copiar a ninguén...!.

Cambio climático.


Non é só en materia urbanística e de vivenda, co dos 500 metros da costa ou co 45% de vivendas sociais, onde a Xunta pretende cambiar o de “sempre foi así”. Por exemplo, aquí nunca se fixo nada contra o cambio climático. ¿A quen se lle ocorre?, ¿e se hai quentamento global que?. ¿Non se está mellor quentiño?. E gastaremos menos en calefacción, debían pensar os de antes. Agora parece que algo se move. Empeza a falarse de biodiésel, de 95% de enerxías renovábeis, de concellos sustentábeis, de vida no medio rural, por exemplo con banda larga. A modiño, tal vez, pero vese a intención.

sexta-feira, novembro 17, 2006

9-11-2006 a 16-11-2006

.
Castelán lingua asoballada.

Pois si, resulta que segundo nos explica a Mesa pola normalización lingüística, os parlamentarios galegos xa poden usar diversos idiomas oficiais cando falen por teléfono móbil. Si, o español (faltaría máis), o catalán e mesmo o euskera. Falta só un, xa sabedes cal.

E que parece que as empresas toman exemplo dos organismos oficiais no tocante ao galego. Que si, que defendelo si, de boquilla o que faga falla, que despois, a hora de facer... Así se entende o lenta que vai a normalización dos topónimos. Non, que non vou volver a falar de La Coruña. Ogalla fose o único caso. Non. Podemos falar de Facenda, do Ministerio de Defensa ou, agora mesmo, de Renfe e de Adif (o seu administrador de infraestructuras) que son (no 2006) obxectivo de normalización para as ciberIrmandades da fala. O galego en Renfe viaxa aínda máis lento cós trens na “nosa comunidade”.

De aí a fonda preocupación diante do novo decreto para Secundaria dos sectores máis reacios ao noso idioma, aqueles como Eugenio Nasarre e María Xesús Saínz, que presentaron este xoves no parlamento galego unha proposición non de lei onde lle piden á Inspección Educativa que actúe para garantirlle ao profesorado galego "o dereito e liberdade dos profesores de lingua e literatura (suponse que galega) a elaborar programación didáctica en castelán". En fin, que eles tamén cren que Inspección Educativa non cumpre a súa función cando se trata de defender os dereitos lingüísticos. Pero por que será que o seu me soa a demagoxia...

Estatutos e transferencias

Claro que non só en materia lingüísticas isto vai lento. Hai transferencias que parecen cousa feita, como a de tráfico, por exemplo. Parece lóxica, pois temos uns problemas específicos, como a dispersión da poboación que conleva gran cantidade de “vías secundarias” (lease pistas asfaltadas), ou o terreo abrupto (e algunha que outras leira dalgún amigo de Alguén) que obrigan a facelas con moitas curvas e pendentes. Así que... Pois nada. O deputado Francisco Rodríguez preguntou que para cando a transferencia e o goberno respondeulle algo así como que “o tráfico e a circulación de vehículos a motor é unha competencia exclusiva do Estado, por entender que... a política de seguridade vial debe ser única para todo o país”. O máis curioso é que esta competencia xa está transferida a Cataluña e a Euskadi, o que parece indicar que eles (Cataluña e Euskadi) non son parte do “país” (e nós si, claro).

E con estas teimas enténdese a “irrupción” de Rajoy no debate estatutario. Vamos que el non quere entrar en cuestións que non interesan a ninguén, como a identitaria, pero que pasará por riba do seu cadáver quen queira poñer “nación” no estatuto galego. En fin que parece que Feijoo, xa sabedes, o seu segundo de por aquí, xa está pensando en como chamarnos. Ideas non deben faltar, abofé, pero o moscón cre sabe de boa tinta que a máis barallada é “Galicia is different”. Deste xeito preténdese contentar a todos, pois se fala do "feito diferencial galego" pero sen poñer a palabra nación onde poida ofender aos adalides da nación española.

As deputacións rebeldes


Sorpresa da semana foi a declaración de rebeldía, case diría que de soberanía, deses organismos de elección indirecta que son as deputacións provincias (sobre as mesmas recomendo ler este artigo de Xoán Antón Pérez Lema).
Non sei se sabedes, pero volo conto. O parlamento de Galicia (iste si elixido directamente polos votantes) solicitou a comparecencia das deputacións para explicar as principais liñas dos seus orzamentos. A razón é efectuar unha necesaria coordinación dos orzamentos públicos, lembremos que os orzamentos das deputacións supera xa aos que proveñen da unión europea. Pois nada, as deputacións botáronsenos ao monte e non acudiron. Sen máis. Ben, a da Coruña desculpouse por carta, que por algo alí manda o bipatito.

A destrucción do medio ambiente

A semana tróuxonos tamén a valoración de Nunca Máis da manifestación da dignidade, mentres segue a pelexa secular entre os que queren a conservación do medio ambiente e os que lles importa un pito. Entre os primeiros encontramos a verdegaia, que lanza unha campaña en defensa da Rede Natura 2000 pois queren que sexan un referente de sustentabilidade. Entre os segundos temos o caso de Nigrán. E a reacción do seu partido. De apoio total, claro. Ou non tan claro. Ben sei que non se pode dicir de ninguén, nin sequera do alcalde de Nigrán, que é corrupto mentres non se demostre xudicialmente que o é, pero á defensa do medio ambiente, neste caso urbanístico, non lle senta nada ben que un partido apoie tan rápida e radicalmente ao seu alcalde, malia os indicios existentes. Ao tempo coñecese a situación no concello de Barreiros. Estes feitos, xa moi repetidos, fainos aplaudir a iniciativa de potenciar a Axencia de Protección de Legalidade Urbanística.

A destrucción do oriente próximo.

Nesta semana destacamos tamén o artigo de “betanceiros que queredes” sobre a caída do muro de Berlín e o nacemento de novos muros, como xa dixo tamén este moscón. Nesta semana vemos como se afonda un deses muros, o causado por Israel, que se atreve a chamar (como sempre) “incidente lamentábel” (na boca da Ministra de Asuntos Exteriores israelita, Tzipi Livni) a masacre de hai tres días en Gaza. A condena internacional foi (coma sempre) imposibilitada pola administración Bush. Todo en base (coma sempre) á loita contra o terrorismo e o fundamentalismo. Un antiterrorismo practicado por un estado tan "pacífico" e tan "tolerante" como se viu na recente manifestación homosexual. En fin un país retratado polo seu presidente, acusado de varias violacións e envexado polo ruso Putin.

sexta-feira, novembro 10, 2006

02-11-2006 a 09-11-2006


Continúa a farsa en Irak e en todo oriente medio e próximo. Estes día condearon á morte, na forca, a Sadam Husseim, o que merece un comentario de Xosé Luis Barreiro Rivas, El linchamiento judicial de Sadam Hussein, que recomendo ler. Mentres Israel segue a facer libremente o que máis lle presta, asasinar palestinos. Tal vez algo cambie, Bush perdeu as eleccións no seu feudo (USA, no resto do mundo coido que, se as houbera, hai tempo que as tiña perdido) e, algo é algo, Rumsfeld demitiu.
.
.

Tal vez, proximamente, o mundo se libre deste grupo, o de Bush, igual que por aquí nos libramos, por agora, do noso, o de Aznar. Aínda que, lamentábelmente seguen a dar a vara, como ese ex-ministro trampa español, Mayor Oreja, quen afirma que en Venezuela non hai democracia. E se queda tan pancho.
.
.
.
.
.
.
.
.
Ou como Pedro J. Ramírez, o intrépido xornalista de investigación, tan ben retratado neste video de homo zapping, que recomendo aos que aínda non o teñan visto.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.

De todos xeitos, non son só Bush e Aznar os que queren dar marcha atrás á historia. Mesmo ata máis atrás do século XX quere ir a actual presidencia europea (finlandesa desta volta), pretendendo autorizar horarios semanais de 60 horas, (de traballo, non de folganza).
.
.
.
.
.
.
.
.
.

Ante isto, hai algunhas respostas, como a de Nunca Máis que volve a convocar unha manifestación pola dignidade. Porque de certo, catro anos despois do prestige, seguimos case igual de preparados para outro. Nin un mal barco anticonaminación. De todos xeitos, a nova Xunta parece que intenta algo, dentro das súas competencias. Hai está o Plan de continxencia presentado recentemente.
.
.
.
.

E mentres traballan a prol da defensa medioambiental, outros, aínda que no seu nome, traballan para acabar de escangallala, como eses supostos amigos dos animais, (das londras?, dos patos?...) que volveron a soltar visóns, por terceira vez, xa, en Galiza.
.
Disto xa falaramos no moscón
.
.
.
.
.


E pasaron máis cousas nesta semana, que merecerían unha mosca: O éxito da folga do ensino polo galego, e a cada vez maior castelanización da sociedade galega que fai que haxa un 65% de falantes de 65 anos por un 29% de 29 anos, perdendo aproximadamente un 1% de falantes por cada ano, se ben a tendencia recupérase timidamente nos últimos anos. A victoria de Daniel Ortega en Nicaragua que se une á recente de Lula. A exixencia ás TV de deportes en galego ou o trunfo de Gómez Noia .

Relación de enlaces mencionados neste comentario semanal:

El linchamiento judicial de Sadam Hussein, por Barreiro Rivas, na Voz
Sadam condenado á forca, por Mundogaliza.
Demisión de Rumsfeld por Mundogaliza.
A masacre israelí en xornal.com
O bocazas de Mayor Oreja en Vieiros
O video de pedroj. En youtube
A semana de 60 horas, en vieiros
Manife de Nunca máis en sombrinha betanceira, mundo galiza, vieiros e plataforma nunca mais
O barco anticontaminación en vieiros
A solta de visóns por cartafol do mandeo, e adega.
Outros, o ensino parou con éxito en mundo galiza e a castelanización en vieiros. A victoria de Daniel Ortega en Nicaragua, en xornal.com. A de Lula, en mundogaliza , deportes en galego en vieiros e gómez noia en cartafol do mandeo).

sexta-feira, novembro 03, 2006

Memorias, esquecementos e lembranzas

Recuperamos a memoria histórica ruando por Betanzos (fotos 1,2,3,4), Lembrando unha tumba na terra, sen lápida, sen nome, que quixeron que se esquecese. Alí segue, como a obrigaron a ter os golpistas. Lembramos que foi un dos alcaldes desta vila, do tempo da república, dos asasinados. Non esquecemos o seu nome, Xosé Novo. Non esquecemos que tiña ideas e ansias de realizalas, de sacar a Galiza do atraso. Lembramos que por iso o mataron. Lembramos que en Betanzos non ten unha rúa, como ten Manuel Fraga Iribarne, nin ten unha medalla, como ten Francisco Franco .

Lembramos que cando a alguén se lle dá unha rúa ou unha medalla é porque merece ser lembrado. ¿Como Santiago Rey Fernández Latorre e non sei que máis?. ¿Por ser un gran empresario, propietario, non o esquezamos, dun xornal moi subvencionado?. Lembramos que lla dan por unanimidade, aínda que diga o que di e defenda o que defende.
.
.
.
.
Unha rúa que, non o esquezamos, se une a un rueiro cheo de Alcaldes Francisco Vázquez, de Milláns Astray, de Generales Sanjurgo, de Avenidas de los Caídos...
.

.
.

.


Esquece Josemari, o buscaescotes. Que non se lembra de onde está o dirixente do PP Alfredo Timermans. Lástima, pola contra, que non se esqueza de repetir as súas fondas reflexións, e repetírnolas a cada pouco. Lástima que Murdoch, outro empresario de éxito, de máis éxito aínda que o Santiago Rey Fernández etc., (a xulgar porque ten moitos máis xornais, e supoño que tamén máis subvencións), se lembre de Josemari para dirixir a sección española do seu negocio. Aínda que se sae Aznar de presentador, na sección de humor, lembrareime de velo.

.



¿Foi un desmemoriado quen perdeu os exames na consellaría de Méndez Romeu, ese conselleiro de boa memoria que se lembrou dese L, que non era, non o esquezamos, o L de Legalidade?.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.

Boa memoria a que teremos que ter os betanceiros se queremos mercar, a fume de carozo, nos 15 minutos, contados, de aparcamento gratuíto con que nos vai agasallar o concello antes das eleccións.

.
.
.
.
.
.
.

Para pouca memoria a de Zara, que se esqueceu de pagar os tributos en Venezuela. Parece que non se lembrou de que a época de agasallos ás multinacionais do corrupto Carlos Andrés Pérez xa rematou naquel país. Chávez terá que lembrarllo. Pero xa sairá alguén por aí a lembrarnos que a defraudadora é unha empresa “española” e, non o esquezamos, iso faraa boa a ela e malo a Chávez.

.
.
.
.
Recuperación da memoria a que fixo o reino de León, o antigo convento, xunto a Galiza e ao norte de Portugal, da vella Gallaecia, que estes días saíu a rúa. Por fin.

Desmemoriado o Rebeco que en Asturias, ao norte de León, se esqueceu de que ser un animal de alta montaña e se quixo dar un baño. Sorte que se lembrou de nadar, aínda que ninguén acreditara ata agora que un rebeco soubese facelo.

Para lembrar, tamén, o artigo de Barreiro Rivas sensación de chapuza. Para non esquecer o asasinato de Couso hai xa máis de tres anos e sen castigo dos culpábeis. Lembrar tamén a rede básica de que nos fala, de pasada, Estrela esvaecida, os avións israelís sobre Beirut, a folga polo galego e o seu vídeo e o partido, mesmo para os que non nos gusta o fútbol, de Galiza-Ecuador.

En fin, unha semana para lembrar, para esquecer e mesmo para recuperar a memoria...
.
Enlaces 03.11.2006:
.
-Betanceiros que queredes, fotos 1,2,3,4, folga
-Cartafol do mandeo, tumba
-Betanzos. biz, Francisco Franco, mercar
-O moscón anteriores, rueiro, se lembrou
-Vieros.com, esqueceu de pagar
-Nodo 50, rede básica
-Estrela esvaecida, Estrela esvaecida